EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O I Mercadiño Navideño de Rubiá, un éxito de participación e público

Esta mostra, promovida polo Concello, podía visitarse os días 10 e 11 de decembro na Casa da Cultura de Rubiá

Con deliciosas pastas caseiras, café, auga ou zumes recibíase ás persoas que na fin de semana do 10 e 11 de decembro visitaban o I Mercadiño Navideño de Rubiá. Era unha das singularidades desta mostra, organizada polo Concello de Rubiá, instalada nun recinto pechado (a Casa da Cultura desta vila valdeorresa) e con calefacción. Percorréndoa podían atoparse multitude de agasallos para este Nada. Había produtos rradicionais, como licores ou mel, tamén artesanía en coiro e en estaño, libros de segunda man, xoguetes, prendas de vestir… nun total de 14 postos. Un deles era o do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá.

Tras dous días de actividade, o mercadiño pechaba as portas na tarde do 11 de decembro cun balance moi favorable tanto de participación, como de público e vendas. “Estamos moi contentos. Non esperabamos tantos expositores e ademais houbo moita xente, tanto de Rubiá como doutros puntos de Valdeorras, algo que é de agradecer”, explica Laura Iglesias, concelleira de Rubiá.

Por iso a intención da organización é darlle continuidade a este mercadiño no vindeiro ano. “Tivo moita aceptación por parte da xente e dos expositores e a idea é seguir con el, seguramente ampliando o espazo expositivo, que este ano se nos quedou un pouquiño pequeno, o certo é que non esperabamos tantos expositores”, engade Laura Iglesias.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button