OurenseÚltima hora

O mercado de antigüidades volverá este domingo á praza Maior de Ourense

 

O mercado de antigüidades volverá este domingo, 7 de marzo, á praza Maior de Ourense “toda vez que as medidas sanitarias da Xunta de Galicia permiten que se celebre con toda a seguridade para as persoas que participan nesta actividade: compradores, visitantes e vendedores, así coma o conxunto da cidadanía”, adiantan dende o Concello.

O goberno municipal decidira deixar de celebrar o mercado no mes de setembro de 2020, xa que non se podía garantir que se realizase con plenas garantías de evitar exposicións ou contaxios en estrito cumprimento da normativa.

Mentres se manteña o nivel de seguridade, o mercado de antigüidades terá lugar, como é costume, o primeiro domingo de cada mes.

Artigos relacionados

Back to top button