AllarizConcellosÚltima hora

O mercado de artesanía de Allariz “Arte de Man” abre o seu prazo de inscrición

A feira, que se celebrará o 13 de setembro en Allariz, busca a mostra e dinamización de produtos artesanais e de elaboración propia

Unha artesá da pasada edición.

 

O casco histórico de Allariz acollerá o vindeiro 13 de setembro, de 11:00h a 20:00h, o Mercado de Artesanía “Arte de Man”.  Organizado pola Área de Promoción Económica do Concello, o evento acollerá un obradoiro de artesáns de diversos ámbitos tales como artes plásticas, xoiería, vidrería, téxtil, bixutería, coiro ou madeira. Trátase dunha iniciativa local que busca a mostra e dinamización da artesanía allaricense así como doutros artesáns galegos e convidados.

Con motivo da feira, a organización publica as bases para participar nesta edición e abre o seu prazo de inscrición, que será entre 3 e o 24 de xullo de 2020, ambos inclusive. Poderán participar artesáns cuxa produción sexa “artesanal e de elaboración propia”. Técnicas de Promoción Económica xunto con artesáns e artesás de Allariz serán os encargados de seleccionar ós participantes atendendo a criterios de calidade e orixinalidade e dando prioridade a aqueles que poidan mostrar o seu oficio en vivo durante a celebración do mercado.

Os artesáns que desexen inscribirse nesta edición de Arte de Man poderán facelo a través da páxina web.

Artigos relacionados

Back to top button