EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O “Mes de Amandi”, preludio da Feira do Viño de Sober

Preséntase o programa de actividades desta mostra que cumprirá en abril a súa 34 edición

O “corazón dos viñedos” de Sober, ao carón do río Sil, era o lugar escollido desta volta para a presentación do programa e do cartaz da XXXIV Feira do Viño de Amandi na mañá do 15 de marzo.

O acto tiña lugar tras un percorrido en tren turístico pola paisaxe de viño desta subzona da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra.Nel interviña en primeiro lugar o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, quen destacaba que o programa se encetará co chamado “Mes de Amandi”, con multitude de propostas que se prolongarán durante catro semanas para logo dar paso á Feira do Viño de Sober, prevista para os días 12 e 13 de abril. Tamén anunciou que o pregoreiro da mostra será o músico Carlos Núñez.

O rexidor estivo acompañado, ademais de por varios membros da Corporación, pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, quen destacou o carácter dinamizador social e económico deste certame, declarado de interese turístico.

Ao termo da presentación tivo lugar unha degustación de viños desta zona vitivinícola lucense.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel de abril do Periódico O Sil)

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button