CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

“O meu baleiro”, un álbume ilustrado de Marcos Viso sobre a dó

Nesta obra, dirixida principalmente ao público infantil e mozo, tamén aborda o valor da amizade e de renunciar ao orgullo para deixarse axudar ante una perda

 

“O meu baleiro” é un álbume ilustrado no que Marcos Viso (Ourense, 1973) reflexiona sobre as dificultades de afrontar o dó, así como sobre as distintas maneiras de vivir unha perda, “transformando o baleiro que nos deixa nun fermoso recordo”, tal e como indica a súa editorial, Hércules Edicións. Nesta obra, dirixida principalmente ao público infantil e mozo, tamén aborda o valor da amizade e de renunciar ao orgullo para deixarse axudar ante una perda.

Este proxecto concebíase moito antes da chegada da pandemia do coronavirus e Viso considera este libro, do que é autor de textos e ilustracións, unha premonición. “Na situación na que nos encontramos é un tema que está moi presente”, explica, “non quixen facer un manual, “O meu baleiro” é unha reflexión sobre as ausencias que crean baleiros, o medo, a soidade, as dúbidas, a aceptación dunha perda, pero tamén da amizade e de como esta puede axudar a transformar esa falta nun recordo agradable”.

O proceso de elaboración das ilustracións da obra, no que se usou a técnica dixital, foi plantexado por Marcos Viso como se “esculpira unha obra de arte”.

 

Artigos relacionados

Back to top button