En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O ministro de Fomento asegura que o proxecto da circunvalación do Barco licitarase neste ano

Anunciábao durante a visita que realizaba a Ourense o 7 de maio, na que tamén explicaba en qué momento están cada un dos tramos da A-76

A conexión entre a N-120 e N-536 no Barco, a autovía A-76 ou o enlace na Rúa coa N-120. Son algunhas das infraestruturas ás que facía referencia o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, na visita que realizaba ao Concello de Ourense na mañá do 7 de maio con motivo da presentación dun selo dedicado ao centenario da Ponte Nova.

 

O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, durante a súa intervención./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ademais de detallar as actuacións e os prazos referentes á liña de alta velocidade entre Galicia e á Meseta, entre outras, o ministro sinalaba a importancia do proxecto de circunvalación do Barco, “unha das infraestruturas demandadas na provincia, e na que estamos traballando na fase final con vistas a poder licitar neste 2018 as actuacións”.

De la Serna tamén mencionaba en qué situación están cada un dos tramos previstos da autovía A-76, que conectará Ponferrada con Ourense. “O tramo entre Villamartín de la Abadía e Requejo (León), cun investimento de 100 millóns de euros, conta xa co período de exposición pública e estamos coa elaboración do informe de contestación ás alegacións. O tramo entre Requejo e A Veiga de Cascallá (Rubiá) atópase tamén en redacción e no último tramo ata O Barco de Valdeorras (41 millóns de euros), aprobouse o expediente correspondente á información pública”.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tamén incidía nestes mesmos “compromisos viarios, de autovías”. “Quero agradecerlle ao ministro de forma moi especial”, dicía , “porque para toda a provincia é importante, as conexións de Valdeorras, tanto de A Rúa como de O Barco de Valdeorras. Para nós é clave que esas licitacións se vaian producindo e que os proxectos se vaian finalizando”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close