OurenseÚltima hora

O ministro de Fomento plantexa se paga a pena a variante exterior do AVE “para aforrar só catro minutos”

Jesús Vázquez califica de “erro” o cuestionamento e pide “unión” deixando as siglas a un lado
O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna.
O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna.

O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, cuestionou públicamente, nunha entrevista no programa “Los Desayunos” de TVE de onte, o proxecto da variante exterior do AVE que prevé unir Taboadela coa estación do Empalme e eliminar así do centro da cidade as vías do tren. De la Serna asegurou que hai que plantexar se hai que investir 600 millóns de euros “en aforrar catro minutos” de viaxe entre Ourense e Madrid, ou se pola contra pódese artellar unha solución máis económica co actual corredor de vías. Despois de anunciar públicamente a pasada semana que a alta velocidade non chegará en 2018 a Ourense, como estaba previsto, o titular da carteira de Fomento asegurou que, de continuar adiante coa variante exterior, “levaríanos a un horizonte de chegada do AVE en 2021 ou 2022”. Por este motivo, plantexou a seguinte altenrativa: “aproveitar a vía que xa está, que tamén pode ser de alta velocidade cunha serie de modificacións”.

As primeiras reaccións ante dito cuestionamento xa se fixeron sentir. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, calificou de “erro” que Íñigo de la Serna falase de aforro de tempo. O rexedor municipal recalcou que “nunca se plantexou a cuestión do tempo” para sacar adiante este proxecto, senón que a cuestión é “a división” da capital, o impácto visual e a mellor adaptación do tren ao núcleo urbano.

Acualmente, o corredor que une Ourense coa meseta percorre distintos puntos da cidade “deixando moitos barrios separados”, recordou Vázquez, que pediu aos partidos alonxar as siglas fóra desta cuestión para facer “o que pensamos que é unha reclamación xusta”. Por outra banda, lembrou que hai protocolos asinados por diferentes gobernos municipais “que deben continuar”, e que hai acordos feitos entre as isntitucións (Deputación, Concello, Xunta e Goberno) no referido ao AVE ourensán, que contemplan as obras de devandita variante exterior. “Porque o investimento é de Ourense, para Ourense e para o futuro de Ourense”, recalcou.

Vázquez anunciou tamén que van presentar unha moción no vindeiro Pleno Municpal para para que toda a corporación “poidamos manifestar a nosa unión” ante o que declarou o Ministro onte na súa entrevista, xa que este é un tema no que “toda a cidadanía está de acordo”. Por outra banda, recordou que o pasado 14 de novembro o Concello solicitou unha reunión co Ministerio de Fomento e co Secretario Xeral de Infraestruras “da cal aínda non tivemos resposta”. A pesar de todo, Jesús Vázquez espera poder falar con De la Serna xa que asegurou que o que dixo en TVE foi “un pensamento en alto que espero que retire”.

De la Serna: “A variante exterior está contemplada dentro dos proxectos” 

Ante este aluvión de críticas, o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, reiterou o seu “compromiso firme” coa Alta Velocidade a Galicia e a Ourense. De la Serna asegurou que dentro deste compromiso, “tal e como estaba previsto”, contémplase esa variante exterior de Ourense que nestes momentos “atópase en fase de estudio medioambiental”. Deste modo, o ministerio de Fomento quere aclarar as dúbidas que se suscitaron tras as declaracións do Ministro, explican, “no marco dunha reflexión de caracter xeral para atopar solucións que permitan anticipar a chegada da alta velocidade”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button