EconomíaEconomíaÚltima hora

O modelo quirogués de posta en valor do monte a través da olivicultura dase a coñecer en Narón

Os investigadores José Espinosa e Pedro Murias ofrecerán unha charla-coloquio o 18 de xullo nesta localidade coruñesa

Recollida das olivas nunha plantación quiroguesa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A potencial viabilidade da olivicultura como alternativa de aproveitamento sostible de diversas parcelas será o eixo da charla-coloquio que impartirán en Narón o vindeiro 18 de xullo os investigadores de Quiroga José Espinosa Sánchez, biologo, e Pedro Murias Martínez, veterinario. A conferencia levará por título “Oliveiras en narón?” e estará organizada pola Asociación Terra Rendible de Narón. Terá lugar no centro cívico social do val, a partir das 11 horas e incluirá unha degustación de dúas tipoloxías de aceite de oliva virxe extra de oliveiras da comarca de Quiroga.

Tomando como referencia o modelo quirogués de posta en valor do monte a través das oliveiras, os ponentes abordarán a determinación da adecuación das condicións ambientais para o desenvolemento e fructificación de oliveiras nunha mostra de parcelas potencialmente dispoñibles nesa zona, así como a tipoloxía de aceites virxe extra á que se pode optar para a súa produción.

Para a asistencia a esta charla, debido ás circunstancia actuais e previsións, prégase a inscripción previa a través do correo [email protected].

Artigos relacionados

Back to top button