ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O modisto vianés Jorge De Álvarez viste a Esther Estévez, gañadora de dous Premios Mestre Mateo

A presentadora verinesa recollía os galardóns ao Mellor Programa por 'Dígocho eu' e á Mellor Comunicadora

 

Jorge De Álvarez segue vestindo a celebridades, dentro e fóra da pequena pantalla. Desta volta a  creatividade do modisto vianés lucía da man dunha das galardoadas na XX edición dos Premios Mestre Mateo que se celebraba o sábado.

A verinesa Esther Estévez Casado recollía dous premios: un ao Mellor Programa por ‘Dígocho eu’ e outro á Mellor Comunicadora, vestida cun elegante traxe feito en Viana do Bolo.

 

Esther Estévez Casado co Mestre Mateo e deseño de Jorge De Álvarez.

 

Tal como explica o propio modisto, para Esther creou un deseño inspirado na actuación das Tanxugueiras do Benidorm Fest, dando como resultado un dúas pezas en cor negra (corpiño e saia longa con cola) con bordados ao aire, e xoiería de Bulideira.

Agradecido pola oportunidade, Jorge espera volver para a seguinte edición dos premios, “a ver se pode ser como  nominado a mellor vestiario”, di, medio en broma medio en serio.

Artigos relacionados

Back to top button