ConcellosEn portadaParada de SilÚltima hora

O Mosteiro de Santa Cristina, motor turístico de Parada de Sil

Este monumento chegou a ter nas horas de apertura en agosto ata 8.177 visitantes, segundo o Concello

Interior do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, no municipio de Parada de Sil./ Foto cedida.

 

Nun complicado verán marcado polo Covid, o concello Parada de Sil ten rexistrado unha “afluencia de visitantes moi importante”, tal e como se destaca o seu alcalde, Aquilino Domínguez, quen se amosa satisfeito tras os datos recabados.

Así, segundo as estatísticas que manexa o Concello, no mes de agosto no mosteiro chegouse a un número de 8.177 visitantes en horas de apertura “polo que debemos supor que perto dun 25% vai fóra de horas de apertura e visita o exterior do mosteiros polo que estariamos a falar de entorno a 11.00 visitas. O pico alcanzouse na fin de semana do 15 e 16 de agosto con 842 persoas que pagaron por visitar o lugar. No que levamos de setembro estaríamos a falar de máis de 3.000 persoas”, indica o rexedor.

Ademais, dende o Concello de Parada de Sil resáltase que “todos os días en horario de oficina se dispuxo de xel para os visitantes, e se controlou o acceso de xeito que nunca houbese un número excesivo de visitantes dentro do mosteiro”.

O alcalde engade que estes datos confirman “a imperiosa necesidade de pór en marcha o autobús lanzadeira dende Parada de Sil ao mosteiro para evitar contaminación, atascos e sobresaturación de coches no aparcadoiro existente a todas luces insuficiente. Parada de Sil opta por ser un concello verde no que cada día a contaminación sexa menor e para iso esta medida será importante”.

A posta en valor de xeito constante do patrimonio e en concreto deste monumento sigue a constituír un “elemento de atracción de visitantes a Parada de Sil, o que se traduce en ocupación hoteleira, aumento da restauración e polo tanto de postos de traballo”, subliña Aquilino Domínguez.

Remata o alcalde dicindo que ademais da paisaxe deste municipio da Ribeira Sacra (con referentes como o canón do Sil, souto de Merilan…) e o románico, os visitantes “se atopan con Mickey Mouse, coa sensación de estar nun lugar único é total”.

Artigos relacionados

Back to top button