CulturaCulturaÚltima hora

O Mosteiro de Santa Cristina (Parada de Sil), selo de calidade turística en destino

Cedida.

 

O Concello de Parada de Sil volve a renovar os selos de Calidade Turística que tiña concedidos para a Oficina Municipal de Turismo, situada na Casa do Concello e para a Casa – Museo do Chocolate en Teimende. E por primeira vez o buque insignia do concello en canto ao turismo: o Mosteiro a obtén a certificación de Calidad turística.

“Este selo, que outorga a Secretaría do Goberno de España para o Turismo, acredita e recoñece o esforzo realizado polo Mosteiro de Santa Cristina no cumprimento dos requisitos establecidos polo SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística en Destino), coa metodoloxía e o compromiso coa calidade e a mellora continua nos servizos prestados aos visitantes.
O noso mosteiro é o primeiro da Ribeira Sacra que obtén este certificado, o que amosa que estamos no camiño da excelencia turística e sempre con vocación de mellora”, destacan dende o Concello de Parada de Sil.

Ademais dende esta administración local quere amosarse o seu agradecemento ao Equipo de Información Turística do concello “posto que sen eles isto non sería posible. E especialmente a Fernando Souza, verdadeiro dinamizador turístico e cultural de Parada de Sil”.

Dende o Concello tamén adiantan que “seguiremos traballando a prol dunha oferta completa no eido do turismo aos visitantes de Parada de Sil, que este ano co “bicho” medio vencido, serán moitos máis”.

Artigos relacionados

Back to top button