OurenseÚltima hora

O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil acollerá o primeiro concerto do “Fest Clásico Ribeira Sacra”

O ciclo celébrase tamén na Granxa (Os Peares) e na Igrexa de Santiago de Carracedo, con obras de Boccherini, Weberm, Mendelssohn e Schubert

Presentación do Fest Clásico Ribeira Sacra 2019.

 

Os municipios da Peroxa e de Nogueira de Ramuín prepáranse para acoller o “Fest Clásico Ribeira Sacra”, os días 6 e 7 de setembro, con obras de Boccherini, Weberm, Mendelssohn e Schubert.

O ciclo comezará mañá ás 20 horas, na Igrexa do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e, ao día seguinte, retomarase a actividade cultural ás 12 horas na capilla A Granxa, nos Peares. Por último, ás 20 horas, trasladarase a programación a Igrexa de Santiago de Carracedo.

A presentación deste evento cultural tiña lugar esta mañá no Pazo Provincial, coa asistencia do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; os alcaldes da Peroxa e Nogueira de Ramuín, Manuel Seoane e César Parente; a directora e o coordinador, Beatriz Blanco e Álvaro Llorente.

A directora do Festival explicou que o obxectivo desta iniciativa cultural é “intentar potenciar, coa nosa arte, a riqueza cultural da zona achegando ao público a enclaves con forte interese cultural e promover así o coñecemento dos valores paisaxísticos e artísticos e, ademais, a nosa idea tamén é apoiar e contribuír na difusión da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade”. o vicepresidente da Deputación, pola súa banda, asegurou que este evento levará “a música clásica a lugares emblemáticos da nosa provincia”.

Artigos relacionados

Back to top button