DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Moto Club A Curuxa quenta motores para a súa VI concentración, en Quiroga

Nsta edición, as rutas percorrerán a Ribeira Sacra e o Xeoparque Montañas do Courel

En Quiroga está xa todo case a punto para a VI edición da Concentración Mototurística A Curuxa que terá lugar do 23 ao 25 de agosto na explanada do Auditorio.

Despois do éxito das pasada edicións, con centos de afeccionados presentes, este ano o Moto Club fixo un esforzo aumentando o número de prazas para dar maior cabida á gran demanda de inscricións. “Recén pechado o período de preinscricións as reservas hoteleiras de gran parte da zona están ocupadas e case 200 persoas apuntáronse xa para desfrutar de todas as actividades”, adiantan dende a organización. Un número de inscritos que aumentará coa venda en taquilla que se abrirá o venres día 23.

Con respecto á programación desta edición, dende o Moto Club A Curuxa destacan os obradoiros infantís, un circuíto de pitbikes para inscritos ou un espectáculo Stunt Show con dous dos mellores pilotos da península, Narcís Roca e Acuko. Tampouco faltarán as actuacións musicais a cargo de Dani Barreiro & Friends, Los Íñigos , dj Míchel e Os do Recanto.

 

Exhibición na concentración A Curuxa.

 

Con todo, un dos puntos fortes da fin de semana serán as rutas que percorrerán este ano a Ribeira Sacra e o territorio do recentemente nomeado Xeoparque Montañas do Courel, ao que o colectivo moteiro xa mostrara o seu apoio en edicións anteriores. Neste caso “a ruta moteira do domingo servirá como inauguración aos xeomiradoiros do Concello de Ribas de Sil”, adiantan.

Además A Curuxa contará no seu recinto con mercadiño moteiro, food trucks, un stand para piercing e tattoo, etc. Atractivos cos que a organización prevé unha “gran afluencia de público, non só domundo das motos, no que xa se converteu nunha máis das xornadas festivas da zona”.

Fotos: Fotokasko.

Artigos relacionados

Back to top button