Galerías de fotosÚltima hora

O motoclub Os Esquíos de Trives celebra a asemblea anual cunha cea en Chandrexa de Queixa

Uns 50 socios déronse cita no Hostal Gerardo na noite do sábado 3 de novembro

Como cada ano, o Hostal Gerardo de Chandrexa de Queixa (famoso pola cociña tradicional galega con receitas de toda a vida) acollía na noite do 3 novembro, a cea anual do motoclub Os Esquíos de Trives na que, ademais de degustar un exquisito menú, a directiva fixo balance das actividades levadas a cabo e do estado das contas, entre outros temas.

Ademais dos socios (en torno a medio cento), na cea tamén estiveron os cociñeiros que na fin de semana do 6 ao 8 de xullo, deron de comer aos asistentes á multitudinaria XV edición da concentración mototurística “a máis veterana da provincia de Ourense”.

A seguinte cita gastronómica do motoclub será xa de cara ao Nadal.

 

Artigos relacionados

Back to top button