DeportesÚltima hora

O mundial de Enduro chega esta fin de semana a Galicia

A segunda proba do campionato celebrarse do 27 ao 29 de abril en Santiago de Compostela

Despois da estrea en Finlandia no mes de marzo, o mundial de Enduro, o GP de España, chega esta fin de semana a Galicia.

A presentación da segunda proba do campionato mundial desta disciplina motorística que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 27 e o 29 de abril, tiña lugar na cidade compostelá contando coa presenza da secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, quen asegurou que este evento posicionará a Galicia en todo o mundo como “centro do deporte de máximo nivel nestas especialidades e tamén como destino turístico e deportivo”.

A titular da carteira deportiva do Goberno Autonómico sinalou que a celebración deste campionato do mundo en Galicia “é un enorme mérito da Federación Galega de Motociclismo pola súa determinación, traballo duro, experiencia organizativa e coidado de cada detalle”. “Sen dúbida será un referente para o resto de organizacións”, engadiu.

Esta será, dixo a secretaria xeral, “unha ocasión única para admirar aos mellores deportistas que veñen a disputar este campionato e a desfrutar das nosas paraxes incomparables, contorna, clima, servizos e de Santiago, onde acoden cada ano milleiros de camiñantes”. Entre eles Víctor Guerrero “o único dos nosos representantes en sénior, que loitará na fronte de Enduro 1”, tal como avanzan dende o Moto Club Movete Na Moto, organizador do evento deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button