ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O mundo dos radioafeccionados a través da “Cacería do Zorro”, en Manzaneda

Os cativos aprenderon os métodos de comunicación a través dos Walkie Talkies a través do xogo

Moito se divertiron os nenos de Manzaneda que na mañá do 7 de agosto participaban na II “Cacería do Zorro”. Unha peculiar proposta coa que o Grupo de Radiofeccionados de Trives achegaban os métodos de comunicación a través dos Walkie Talkies na procura dun zorro de peluche por diferentes puntos da vila. “Eran dignas de ver as caras de felicidade dos nenos ao atopar o zorro”, explican dende os radioafeccionados. A actividade, con base no colexio de Manzaneda remataba coa entrega de diplomas aos participantes “en recoñecemento pola súa participación, o bo comportamento e polo interese demostrado nas explicacións e instruccións dadas”.

Esta singular iniciativa foi organizada polo Concello de Manzaneda en colaboración co Grupo de Radioafeccionados de Trives e o Grupo de Emerxencias EMCOM.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button