OurenseÚltima hora

O municipio de Coles acollerá a II ruta ciclista de BTT o 22 de abril

O evento deportivo inclúe un circuíto ciclista infantil para nenos de ata 12 anos
Víctor Arias, Manuel Rodríguez, Rosendo Fernández e Bernardino González na presentación da ruta.

Máis de 42 quilómetros de percorrido en plena natureza, é o que propón a II ruta ciclista de BTT que se celebrará o 22 de abril no municipio ourensán de Coles.

A novidade deste ano é o circuíto ciclista infantil, que se desenvolverá entre as 10 e ás 13 horas, para nenos de ata 12 anos, sendo a inscrición gratuíta. Os nenos que participen deberán ir con casco, xa que no circuíto haberá actividades sobre educación viaria. Así o explicaban na presentación do evento deportivo que tivo lugar na mañá do 17 de abril na Deputación de Ourense, no que participou o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Coles, Manuel Rodríguez; e o representante do Club Ciclista “Anacrónicos”, Víctor Arias.

Os interesados en participar poderán anotarse ata o día 21 de abril, cun custe de 15 euros, a través da plataforma “Prueba-T”. “Ata o momento contamos con 180 inscritos, sendo o número máximo de participantes de 200”, apuntou Víctor Arias, afirmando que ademais do aspecto deportivo, esta actividade “permite recuperar camiños do municipio para despois realizar outro tipo de actividades”.

Artigos relacionados

Back to top button