ConcellosParada de SilÚltima hora

O municipio de Parada de Sil, seleccionado para participar na campaña “Hola Pueblo”

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

 

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, vén de amosar a súa satisfacción polo feito de que este municipio fose elixido por “Hola Pueblo “como un dos concellos do estado para intentar atraer novos poboadores e ir así asentando poboación.

Trátase, segundo di Aquilino Domínguez de que o concello de Parada de Sil sexa promocionado por “Hola Pueblo-Almanatura” como un lugar “atractivo e con potencialidade para desenrolar actividade con oportunidade de negocio. O propósito desta fundación é reactivalo rural mediante a colaboración público-privada. De feito respaldan a esta entidade varias grandes empresas españolas”.

O proceso empeza neste mes de febreiro coa elaboración, por parte de “Hola Pueblo” dunha ficha técnica do Concello na que se amosen as posibilidades de negocio e as posibles ubicacións para ofertarllas a emprendedores cos que xa ten contacto a entidade

A continuación, a entidade ofrece “asesoramento ás persoas que teñen interese en calquera tipo de negocio que sexa viable e estas desplazanse a ver e coñecer in situ o concello, feito que terá lugar en torno ó mes de xullo”, segundo informa o Concello de Parada de Sil.

Esta administración local ofertará vivendas de aluguer públicas ou privadas, das que xa facilitou os contactos a entidade, “podendo ofertar tamén en pouco tempo as cinco vivendas de promoción municipal, que ao seu remate serán un modelo de recuperación do patrimonio rural construído e que se ubican diante do pobo de Fondodevila”.

Ademais o alcalde de Parada de Sil amósase ilusionado coa certeza de que ao longo deste ano 2021 cinco ou seis familias veñan a asentarse a Parada de Sil, no corazón da Ribeira Sacra, favorecendo este asentamento o o feito de que nun par de meses o concello disporá, xunto cos outros nove concellos do GDR Sil-Bibei-Navea de Wiffi de banda ancha ultrarápida con cobertura en máis do 91% do territorio.

Artigos relacionados

Back to top button