ConcellosPetínÚltima hora

O municipio de Petín queda libre de Covid

Vista de Petín dende A Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Chegan boas novas dende Petín en canto á situación sanitaria. Malia que segundo os datos facilitados polo Sergas son 4 os positivos a día de hoxe (pacientes co médico en Petín pero que nin son nin residen no concello), os datos reais revelan que xa non hai ningún caso activo de Covid.

Dende o primeiro momento “este Concello foi informando do número total de casos reais, polo que nos satisface poder dicir que a día de hoxe, 4 de decembro, despois de falar coa familia da única persoa de Petín que seguía dando positivo, podemos comunicar que xa foi dada de alta polo que neste momento o noso municipio está libre de Covid”, aseguran dende a administración local, recoñecendo que poden ofrecer estes datos “porque ao tratarse dun concello pequeno non foi complicado facer un seguemento diario da situación pola nosa parte”.

Con todo, dende o Concello seguen rogando moita precaución, especialmente polas datas que se aproximan. “O importante non é celebrar este ano o Nadal senón poder celebrala o ano que vén e os seguintes”, conclúen.

Artigos relacionados

Back to top button
Close