Galerías de fotosÚltima hora

O mural adicado ao Camiño de Inverno no casco vello do Barco, pincelada a pincelada

 

Xunto ao río Sil, á beira do Camiño de Santiago ao seu paso polo Barco traballa dende o pasado 27 de outubro o artista Juan Carlos Abraldes nun mural de grandes dimensións adicado precisamente a esta ruta xacobea.

Esta galería de fotos fai un percorrido polo proceso creativo deste autor, dende os primeiros trazos ata ben avanzado xa o mural, que cobre a parede exterior dunha casa moi próxima ao Porto da Barco. A obra inclúe motivos referidos ao Camiño de Inverno ao seu paso polo municipio, como unha ponte e peregrinos, xunto con vendimadores en plena recollida da uva. O traballo vai camiñando xa cara á súa fase final.

A realización deste mural, xunto con outro de gran formato na Rúa, é unha das iniciativas dun proxecto de promoción incluído no Programa AEVAempregaTE, organizado pola Asociación Empresarial de Valdeorras e financiado pola Deputación de Ourense.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button