Galerías de fotosÚltima hora

O mural das mulleres científicas de Trives xa está case rematado

 

En menos dunha semana o muro de bloques da rúa San Martiño de Trives cambiará para sempre a cor gris por un abano de retratos femininos cheo de forza e carisma. Hora a hora e día a día evoluciona o mural cos rostros das mulleres científicas que Lidia Cao está pintando na Pobra de Trives. Trátase da homenaxe que dende o Concello trivés lle fan ás mulleres da vila, dándolle visibilidade á súa persoa e tamén ao seu labor.

A obra comezou a pintarse o pasado sábado 27 de febreiro e a autora espera telo rematado para este venres.

Entrevista a Lidia Cao no seguinte enlace: https://osil.info/lidia-cao-este-mural-e-unha-homenaxe-as-mulleres-de-trives-especialmente-as-cientificas/

 

Detalle dun dos retratos do mural.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button