OurenseÚltima hora

O mural de Prego de Oliver do antigo Hotel Parque xa está na Sala Valente

Foi cedido ao Concello de xeito temporal para formar parte do proxecto “Prego, 100 anos”
O mural é unha pintura ao óleo de 3,72 x 1,40 metros.
O mural é unha pintura ao óleo de 3,72 x 1,40 metros.

O xigante mural de Prego de Oliver que estaba no antigo Hotel Parque xa está na Sala Valente para a primeira exposición do proxecto “Prego, 100 anos”. A obra, de 3,72 x 1,40 metros, foi cedida de xeito temporal ao Concello para formar parte do completo proxecto expositivo que vén a lembrar a figura deste artista local no seu centenario.

O Concello organizou un acto de presentación para dar a coñecer a exclusiva peza, un acto que contou coa presencia do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a directora de Espazos Expositivos Municipais, Eva Torres, Xavier Limia, comisario do proxecto, e María Garvín e Tomás Madrid como restauradores do mural.

A empresa propietaria que rehabilita o edificio do Hotel Parque financiou tamén a completa restauración da obra de Prego de Oliver. Segundo explicaron dende o Concello, o equipo de expertos encargado da tarefa empregou máis dun ano en completala. Trátase dunha pintura ao óleo aplicada como unha acuarela.

Artigos relacionados

Back to top button