CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O mural do Camiño de Inverno, no casco vello do Barco, xa loce sen andamios

Presentarase publicamente o sábado 20 de novembro ás 17:30h. nun acto que incluirá actuación de Clon Bois

 

Dende este venres 19 de decembro, coa retirada dos andamios, xa pode desfrutarse do mural de grandes dimensións (6 metros de ancho por 8 metros de alto), adicado ao Camiño de Inverno que está situado fronte á praza Maior do Barco, en pleno casco vello da vila e á beira desta ruta xacobea.

Trátase dunha obra do artista Juan Carlos Abraldes, que pon o foco na temática xacobea, pero tamén noutros elementos naturais e patromoniais propios do Camiño de Inverno ao seu paso por Valdeorras. Comezaba a pintalo o 27 de outubro e rematábao o 18 de novembro.

A realización deste mural, xunto con outro de gran formato na Rúa, é unha das iniciativas dun proxecto de promoción incluído no Programa AEVAempregaTE, organizado pola Asociación Empresarial de Valdeorras e financiado pola Deputación de Ourense.

 

 

Así, aproveitando o próximo remate do mural, está programado un acto para o sábado 20 de novembro ás 17:30h. que consistirá na exhibición do traballo do artista, combinada coa música en directo da banda valdeorresa “Clon Bois”, cuxo repertorio está constituído fundamentalmente por versións de rock/pop internacional.

“Trátase deste xeito de fomentar a participación dos espectadores no proceso de remate do mural, e tamén de amenizar a actividade promovendo e dando visibilidade aos músicos comarcais. A actividade será de acceso libre e gratuíto”, tal e como se informa dende Aeva.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button