CulturaCulturaÚltima hora

O muro da praia fluvial do Barco xa loce un novo mosaico

 

O Camiño de Inverno e as piraguas protagonizan o novo mural que dende este mediodía loce no muro da praia fluvial do Barco. Esta creación colectiva feita a base de teselas de cores, aberta a veciños e visitantes da vila, iniciábase ás 10h. do sábado e concluía neste domingo.

Representa unha estrela cunha mensaxe dirixida aos peregrinos e tamén unhas piraguas, que enlazan novamente coa temática do río Sil abordada nos murais realizados en anos anteriores. Este mosaico foi coordinado novamente por Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”, en colaboración co seu irmán Manolo e, nesta ocasión, tamén se incorporaba á iniciativa a artista de Bueu Susana Ferradás.

Esta actividade formaba parte do programa das Festas do Cristo 2021.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button