CulturaCulturaÚltima hora

O Museo Arqueolóxico P. de Ourense convoca un concurso de microrrelatos

Esta iniciativa está enmarcada na celebración do Día Internacional do Libro e o prazo de presentación de traballos rematará o 20 de abril

 

Con motivo da conmemoración o vindeiro 23 de abril do Día Internacional do Libro, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense vén de convocar un concurso de microrrelatos que está aberto á participación de calquera persoa interesada.

A participación será individual, os relatos terán temática libre, coa única obriga de aparecer no texto as palabras Museo e Arqueoloxía e a extensión máxima do texto será de 160 palabras e un mínimo de 140, incluído o título, segundo se establece nas bases.

Ademais, os traballos deberán ser orixinais, inéditos e escritos en lingua galega. O prazo de presentación dos orixinais xa está aberto e concluirá o día 20 de abril de 2020, ás 24:00 horas. Os traballos deberán remitirase ao correo electrónico do Museo: museo.arqueoloxico.provincial.ourense@xunta.gal e no “asunto” da mensaxe deberá figurar a lenda: “Microrrelatos”.

“A decisión do xurado do Concurso do traballo ganador farase pública na páxina web e no Facebook do Museo, o día 23 de abril, Día Internacional do Libro”, indican dende esta entidade. O premio consistirá nun lote dos últimos 10 libros publicados polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e polo Grupo Marcelo Macías.

A bases poden consultarse no seguinte aquí:

Microrrelatos_bases

 

Artigos relacionados

Back to top button