Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O Museo Circo dos Muchachos abre as súas portas en Ourense

O local alberga fotografías, cartelería, vestiario e outros recordos da historia da primeira escola-circo de España e do universo Benposta, un centro educativo mundialmente recoñecido

O número 6 da rúa Bailén de Ourense, ofrece dende este sábado, o recordo vivo do Circo dos Muchachos grazas á apertura dun museo. Un “pequeno “espazo homenaxe”, en palabras dos seus impulsores, que alberga numerosos documentos da historia da primeira escola-circo de España, predecesora do Circo do Sol, nada en Ourense nos anos 60 ao amparo doproxecto Benposta-Cidade dos Muchachos.

Ese mundo dentro de outro mundo nace como un lugar único cun concepto similar ao das antigas cidades estado, cunha estrutura ben definida e todos os elementos para ser considerada independente: moneda propia, aduana, escolas, industria, banco, igrexa, supermercado, gasoliñeira… e incluso un Parlamento conformado por dirixentes infantís elixidos en elecciónss democráticas. Paz, igualdade e solidaridade eran os principios fundamentais deste centro educativo mundialmente recoñecido e con gran aportación á cultura ourensá, galega e internacional.

 

Un momento da actuación.

 

A apertura deste museo supón un paso más na recuperación dese proxecto, obxectivo principal da Asociación Cultural Padre Silva, que se constituíu como unha plataforma cidadá, fomentando diferentes actividades culturais, educativas, formativas, artísticas e deportivas e poñendo en valor os recursos e instalacións de Benposta, mantendo viva a memoria e a actividade da emblemática Cidade dos Muchachos.

Entrar no Museo Circo dos Muchachos é hacerlo nun pequeno “libro de vida” deste proxecto revolucionario que deu a volta ao mundo con música en directo e números ximnásticos de primeiro nivel. Os “muchachos” foron recibidos por artistas como Dalí ou Cantinflas; polas raíñas Sofía e Fabiola de Bélgica e figuras significativas do panorama político como Felipe González. “O seu éxito foi tal que Benposta fundou delegacións noutros lugares do mundo como Colombia, Venezuela, Bélgxica, Mozambique ou Xapón”, explican dende a asociación.

Unha extensa colección de fotografías, carteis e pósters, vestiario orixinal dos artistas e outros vestixios de acrobacia, malabares, marionetas e maxia dan contido a este museo que tamén inclúe un tebeo audiovisual e un documental sobre a traxectoria do Circo. O acto de  inauguración contou coa participación de numerosos representantes do ámbito institucional, empresarial, do espectáculo e veciños de Ourense. Un número a cargo dos magos José Rivera e  Susana Guisasola puxo o broche de oro a este acto presentado pola comunicadora Montse Estévez e impulsado pola directiva da Asociación Cultural Padre Silva.

Artigos relacionados

Back to top button