CulturaCulturaÚltima hora

O museo da Casa da Troia abre as portas en Semana Santa

O deputado autonómico Moisés Blanco acompañou ao conselleiro de Cultura durante a visita institucional
O deputado autonómico Moisés Blanco entre o conselleiro de Educación e o secretario xeral.
O deputado autonómico Moisés Blanco entre o conselleiro de Educación e o secretario xeral.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do deputado autonómico Moisés Blanco visitaron o museo da Casa da Troia que abre as portas durante a Semana Santa.

A Casa da Troia é un museo romántico, que recrea a pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago a finais do século XIX que inmortalizou Alejandro Pérez Lugín na súa novela “La Casa de la Troya”. Nela aloxábase o personaxe principal, Gerardo Roquer, e os seus compañeiros de estudos.

Visita institucional á Casa da Troia en Santiago.
Visita institucional á Casa da Troia en Santiago.

Está situado na Rúa da Troia, 5 de Santiago de Compostela e o horario de visitas é do venres 18 ao domingo 27 de marzo (luns 21 pechado) de 11 a 14 e 16 a 20 horas. As visitas en grupo non poden superar as dez persoas e o prezo é de 2 euros, con tarifa especial para estudantes, xubilados, pensionistas e peregrinos de 1 euro; e para grupos de 0,60 euros por persoa.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close