ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Museo do Castelo de Viana abrirá os sábados do verán

Unha das salas do Museo do Castelo de Viana do Bolo./ Imaxe de arquivo.

 

Neste verán o Museo do Castelo de Viana do Bolo contará cun horario fixo de apertura ao público neste próximo verán. Así o vén de anunciar o Concello de Viana do Bolo. Este espazo museográfico, que contén nas súas diferentes estancias numerosas e singulares pezas que conta como era a forma de vida, as tradicións e oficios de primeiros do século XX neste municipio; poderá visitarse durante o verán os sábados, inicialmente, en horario de 18 h a 19:30 h, “pero esperamos poder amplialo nas vindeiras semanas”.

Iso si, para poder visitalo será preciso inscribirse previamente no Concello chamando ao teléfono: 988 329 260.

“Levamos meses facendo un labor de restauración, limpeza e posta a punto do museo, do material exposto e tamén da súa sinalética. Pensamos que era importante que tivera un horario de apertura establecido para facilitar as visitas xa que alí expóñense multitude de utensilios e obxectos moi interesantes”, comenta o alcalde de Viana, Abelardo Carballo.

Ademais coa apertura do museo o Concello busca dinamizar e darlle un impulso ao entorno do castelo, á zona antiga do Cabo da Vila.

 

Artigos relacionados

Back to top button