CulturaCultura

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá a oitava edición do ciclo de cinema “Marxes Fílmicas”

As proxeccións terán lugar os días 8, 10, 15 e 16 de xullo

A oitava edición do ciclo de cinema “Marxes Fílmicas” terá lugar no patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia os días 8, 10, 15 e 16 de xullo. Esta actividade é en colaboración co Cineclube Padre Feijóo, encargado da selección, xestión e proxección dos filmes. As longometraxes serán en versión orixinal e a entrada será de balde ata completar aforo.

 

Cartel.

 

O obxectivo é “explorar un pouco o norte do continente africano, viaxando polo cinema de Tunisia da última década, ese pequeno país con pouco máis de 10 millóns de habitantes que segue tentando actualizar o seu camiño de progreso no social e no político.”

Así, este ciclo comezará o vindeiro luns día 8 ás 22:00h. coa proxección de “Le Challat de Tunis” (Tunisia, 2014) e proseguirá o mércores 10 de xullo á mesma hora con “Heidi” (Tunisia-Francia-Bélxica, 2016). A seguinte semana proxectarase “Vent du nord” (Tunisia-Francia, 2017), e “La belle et le meute (Francia-Líbano-Noruega-Qatar-Suecia-Suíza-Tunisia, 2017), o luns e o mércores respectivamente.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close