CulturaCulturaSen categorizar

O Museo Etnolóxico de Ribadavia festexa o Día do Libro liberando libros

Esta é a terceira ocasión que participa nesta iniciativa promovida a nivel estatal pola Biblioteca-Centro de Documentación ARTIUM de Vitoria
Exterior do museo ribadaviense.
Exterior do museo ribadaviense.

Entre as bibliotecas de museos galegos que participarán na liberación de libros para conmemorar o Día Internacional do Libro estará a do Museo Etnolóxico de Ribadavia, que liberará un total de 11 exemplares procedentes de publicacións editatas polo propio museo, así como de doazóns e duplicados, de temas variados: fotografía, etnografía, catálogos de exposicións, literatura infantil, novela, etc.

“A liberación neste 2014 centrarase sobre todo no rural da comarca do Ribeiro, en lugares públicos: parques, beirarrúas, paseos fluviais, fontes, monumentos, bancos públicos, etc. de Arnoia, San Cristovo, Francelos, Castrelo de Miño, Leiro… pero tamén da vila de Ribadavia e da cidade de Ourense sempre co obxectivo de que a xente que encontre estes libros libres goce con eles e despois os volva deixar en calquera sitio público para que outra persoa poida desfrutar tamén con eles”, segundo se informa dende o museo ribadaviense.

Este é o terceiro ano que este museo participa nesta iniciativa que se desenvolve a nivel estatal e que está promovida dende hai seis anos pola Biblioteca-Centro de Documentación ARTIUM de Vitoria. En Galicia tamén toman parte nesta actividade as Bibliotecas do Museo das Peregrinacións e de Santiago, do Museo de Belas Artes de A Coruña, do Museo da Marioneta en Lalín, do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Compostela, da Fundación Granell tamén en Compostela e do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo.

Foto: cedida polo Museo Etnolóxico de Ribadavia

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button