CulturaCulturaÚltima hora

O Museo Etnolóxico de Ribadavia lanza un concurso virtual sobre a tradición

Estará aberto ata o 20 de abril e nel poderá participar calquera persoa achegando (por facebook ou correo electrónico)

 

Malia que as portas dos museos están pechadas dende hai varias semanas, a actividade segue nestas entidades, aínda que de forma virtual. “Nestes días estamos sendo máis virtuais que nunca, a cultura segue en internet e os Museos da Xunta de Galicia estamos lanzando contidos nas redes continuamente coa etiqueta #aculturasegue”, sinalan dende o Museo Etnolóxico de Ribadavia que vén de lanzar un singular concurso a través de internet.

Comeza neste mércores 8 de abril e estará aberto ata o 20 deste mesmo nel.  Nel calquera persoa pode participar achegando refráns, ditos, cancións, cantigas, regueifas, contos, historias sobre o mes de abril como

o mes de abril e o tempo
o mes de abril e o campo
o mes de abril e o mar
o mes de abril e o tempo
o mes de abril e a natureza
o mes de abril e o traballo
o mes de abril e os amores…

Participar nel é moi sinxelo. Tan só é necesario realizar un comentario sobre o mes de abril no facebook do Museo Etnolóxico. “Pódense facer varios comentarios por persoas que non teñan facebook poñendo o nome da persoa ou enviando un correo electrónico mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal, e tamén desde o twitter do Museo Etnolóxico”, matizan dende esta entidade.

Premios 

Toda a xente que participe entrará no sorteo de dous catálogos  do Museo Etnolóxico: “O calendario agrícola” e “Os catro elementos”. Este sorteo terá o 20 de abril pola tarde.

“Admítense orixinalidades tanto na forma de envialo como no contido: editando unha foto, cun vídeo, cun audio ou simplemente escribindo; o considerado máis orixinal polo equipo do Museo terá un premio especial”, matizan dende o museo. Ademais, o 23 de abril, Día do Libro, esta entidade ten previsto editar un libro colaborativo con todas as achegas realizadas no concurso.

Artigos relacionados

Back to top button