CulturaCulturaÚltima hora

O Museo Galego do Entroido reabre as súas portas en Xinzo

Sala central do Museo Galego do Entroido./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Despois dunha paréntese sen contacto co público, o Museo Galego do Entroido, en Xinzo de Limia, vén de reabrir as súas portas. Pode visitarse dende o pasado sábado 7 de novembro, iso si, cun protocolo de seguridade sanitario fronte ao Covid-19. O seu aforo está reducido ao 50% e a visita estará limitada a grupos de 5 persoas como máximo e conviventes. Ademais é obrigatorio o uso de mascarilla e hidroxel, ademais de manter a distancia de seguridade.

Percorrendo estas instalacións pode descubrir a riqueza e diversidade do Entroido galego, algunhas singularidades desta ancestral celebración, o seu significado e calendario, as máscaras e outros obxectos relacionados con rituais como os folións ou as fariñadas. Destaca a gran sala central do museo cunha colección dalgunhas das máscaras máis significativas do Entroido ourensán e galego, e mesmo do norte de Portugal.

O Museo Galego do Entroido tun horario de 10h. a 13:30h. e de 16:00 a 18:30h. de mércores a sábado. O domingo o museo só abrirá pola mañá, mentres que os luns e os martes permenacerá pechado.

 

Artigos relacionados

Back to top button