ConcellosÚltima hora

O Museo Galego do Entroido supera as mil visitas en febreiro

Esta infraestrutura cultural, situada en Xinzo de Limia, retoma en marzo o seu horario de apertura normal
Placa exterior do Museo Galego do Entroido, en Xinzo de Limia./ Foto: Carlos G. Hervella.

Especialmente visitado ten sido neste mes de febreiro o Museo Galego do Entroido (MuGaE), situado en Xinzo de Limia. Máis de mil persoas percorrían as súas instalacións ao longo do pasado mes de febreiro. Procedían “de tódalas partes de Galicia, destacando as visitas da costa da provincia de Pontevedra. Así mesmo tivemos un incremento de visitantes de todo o territorio nacional como Madrid, Valladolid, etc. doutros países de Europa como Alemaña, Italia ou Reino Unido, destacando o maior número de vistiantes de Francia e Portugal”, tal e como destaca o coordinador do museo, Iván Prado.

Asemade dende este centro agradécese “a asistencia de tódalas personas que se achegaron ata o museo nestes días e convidamos a tódalas personas que aínda non o coñezan a que se acheguen ata aquí”.

Neste mes de marzo o MuGaE retoma o seu horario habitual: de 10h. a 13h. e de 16h. a 18h. de mércores a domingo, agás o domingo pola tarde, que permanece pechado.

Artigos relacionados

Back to top button