OurenseÚltima hora

O Museo Municipal de Ourense acolle unha mostra cos luscofuscos fotografados durante o confinamento

A artista ourensá Beatriz Durán presenta o seu proxecto fotográfico “Reencontros e Banalidades”

 

A sala III do Museo Municipal de Ourense acolle dende hoxe a exposición “Reencontros e banalidades”, o proxecto fotográfico da ourensá Beatriz Durán. Trátase dun proxecto expositivo cun interese temporal, posto que amosa 59 luscofuscos fotografados durante os días de confinamento, no marco do estado de alarma iniciado o 14 de marzo de 2020 a razón da pandemia.

Beatriz Durán, ourensá sensibilizada dun xeito moi especial, pola súa dedicación profesional, coa educación especial, formúlanos un proxecto solidario para así axudar a quen está sufrindo as consecuencias da pandemia, individual e colectivamente. Así, este proxecto ten como finalidade amosarlles apoio e comprensión a aquelas persoas que o viviron dende a soidade, ás que sufriron problemas de saúde e as viviron outras situacións complexas.

Ademais, este proxecto ten unha finalidade solidaria ao destinar a recadación das obras, simbólica, á Asociación Española Contra o Cancro.

Artigos relacionados

Back to top button