OurenseÚltima hora

O Museo Municipal de Ourense reabre as súas portas o vindeiro 30 de xuño

Exhibirá "Os nosos fondos", unha colección de arte privada que custodia o Concello

O Museo Municipal de Ourense reabre as súas portas mañá, día 30 de xuño, coa colección privada “Os nosos fondos”, a cal está custodiada polo Concello. “Nun momento tan convulso coma o que estamos a vivir, é moi importante para a nosa identidade social e cultural amosar a colección de arte máis íntima dos nosos artistas máis destacados”, asegura Eva Torres, directora de Espazos Expositivos do Concello de Ourense.

 

 

A exposición, de carácter permanente, contén importantes mestres da pintura e da escultura ourensáns, caso de Prego de Oliver, Cándido Fernández Mazas, Luis Trabazo, Xaime Quesada, Antonio Quesada, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano, Manolo Buciños, Xosé Cid, Vidal Souto, ou Alexandro, entre outros. Forman parte da colección de 1.306 obras de arte (pintura, escultura e debuxo).

‘Os nosos fondos’ chega ademais co centenario da Revista Nós, e “o Concello quere renderlle así unha homenaxe ao traballo deste grupo de intelectuais e a un dos proxectos culturais colectivos máis singulares e universais que desenvolveu na cidade de Ourense”.

O horario no que se poderá visitar será de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas; os luns permanece pechado.

Artigos relacionados

Back to top button