OurenseÚltima hora

O musical “O Libro da selva” chega ao Auditorio de Ourense da man da compañía galega Avento

A obra representarase o domingo 23 de febreiro a partir das 12 horas

 

A popular historia O libro da selva, orixinal de Rudyard Kipling, chega este domingo 23 de febreiro ao Auditorio Municipal de Ourense en formato de teatro musical da man de Teatro Avento. A compañía galega realiza na cidade das Burgas a segunda parada na xira de estrea da súa nova montaxe, que iniciara o pasado domingo en Vigo. O espectáculo de Teatro Avento ponlle cancións e coreografías a esta eterna historia, pola que non pasa o tempo, que fala de valores como a camaradería, o sentido de comunidade, e a tolerancia aos distintos a nós.

Esta nova adaptación da historia de Kipling fala sobre a estraña historia dun neno perdido na selva india. Acabará sendo adoptado por Baloo o oso, a pantera Bagheera e todos os animais que chaman á misteriosa xungla, fogar. Esta adaptación de ritmo rápido manterá pegado ao público ao borde do asento mentres Mowgli se atopa cara a cara con monos folgazáns, voitres ruidosos e o seu inimigo mortal: o tigre Shere Khan.

A obra comezará ás 12h. e as entradas pódense adquirir en ataquilla, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes da función.

 

Artigos relacionados

Back to top button