CulturaMúsicaÚltima hora

O músico Carlos Núñez actuará en Sober o 22 de agosto

O concerto será ás 20:00h, nos xardíns do Palacio de Sober

A xira “Lugares Máxicos”, do afamado músico Carlos Núñez terá unha parada en Sober. O concello lucense acollerá, o vindeiro 22 de agosto, un concerto nos xardíns do Palacio de Sober, en plena Ribeira Sacra. A actuación, que será ás 20:00h, é a única parada da xira na provincia de Lugo. As entradas xa están dispoñibles en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button