CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O músico quirogués Samuel Soto acompañará este domingo a Manoele de Felisa no Auditorio de Quiroga

O músico quirogués Samuel Soto, nun videoclip adicado a Xela Arias.

 

Samuel Soto, músico quirogués afincado en Vigo, ten unha longa traxectoria musical pois traballa con Queiman e Pousa, é bouzoukista en Sondeseu, músico e vocalista en Ardentía e acompaña sobre o escenario ao gaiteiro Isidro Vidal. Ademais de ser colaborador con moitas agrupacións musicais é o autor de varias cancións adicadas aos últimos escritores homenaxeados nas Letras Galegas e este domingo, 19 de decembro, estará en Quiroga acompañando a Manoele de Felisa e o seu grupo na presentación de Cancioneiro do Camiño, o último traballo do cantautor galego, sobre poemas relacionados coa Ruta Xacobea.

Tal como explica o propio Manoele, Cancioneiro do Camiño recolle “18 cantigas, 18 historias que convén ser cantadas e contadas”, poemas dos textos de dezaoito escritores cos que o cantautor nado en Cuntis narra as historias tradicionais que aparecen neste disco.

A actuación terá lugar no Auditorio Municipal a partir das sete da tarde.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button