CulturaCulturaMúsica

O músico valdeorrés Magín Blanco compón a canción oficial do Festival de Cans

Os filmes “A estación violenta” e “British winters” abrirán a 15ª edición do certame que se celebrará en maio
Magín Blanco e Uxía Senlle interpretando o tema oficial do 15º Festival de Cans./ Juan Pablo González.

“Cans & Cadelas” é a canción composta polo músico rues Magín Blanco para a 15ª edición do Festival de Cans que se celebrará do 23 ao 26 de maio.

Na gravación do tema, o artista coñecido polos seus discos para público infantil como “A nena e o grilo” contou coa colaboración de As Mosas e Carlos Blanco. Uxía Senlle, parte de As Mosas, acompañou ao músico na mañá do 19 de abril nunha interpretación do tema ante as persoas asistentes á presentación desta edición do certame audiovisual que continúa a súa aposta polas novas xeracións de cineastas do país e acollerá a proxección de tres filmes realizados por novos profesionais da creación que veñen do ámbito da curtametraxe. Así, na apertura proxectaranse “British Winters”, debut de Roque Cameselle no ámbito da imaxe real, e “A estación violenta”, primeira longa de Anxos Fazáns que terá en Cans a súa primeira grande proxección pública en Galicia, xusto antes da súa estrea comercial a finais de maio. O festival acollerá tamén a estrea de “Sevilla y Gomorra”, que dirixe o redondelán Ángel Filgueira.

A vindeira semana abrirase a venda de entradas para as seccións a concurso, o martes para as seccións de Ficción e Animación e o xoves para Furacáns, a nova competición de non-ficción.

 

Presentación do Festival de Cans 2018.

Artigos relacionados

Back to top button