CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O nacemento de Montefurado, na última novela de Celia Díaz

A autora, natural de Quiroga, presentaba “A Boca do Monte” nesta vila na tarde do 20 de maio

Numerosas persoas se daban cita na Libreraría Celia de Quiroga na tarde do 20 de maio para asistir á presentación da última novela de Celia Díaz Núñez, “A Boca do Monte” (Galaxia). A súa autora, natural desta vila lucense, recrea nela a construción do túnel de Montefurado, unha significativa mostra da minaría romana do ouro que pervive neste concello.

“Montefurado é un lugar que visito dende hai moito tempo coa miña familia, encántanos e sempre andamos por alí. Por iso pensei que aí había unha historia”, explicaba Celia Díaz. Esta é a terceira novela desta escritora que durante a presentación tamén amosaba diversas paisaxes quiroguesas nas que se inspirou e nas que foi situando diversos momentos do libro. De seguido, comezaba a asinar os libros e ía intercambiando impresións con algúns dos presentes que xa leran a novela.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button
Close