En portadaÚltima hora

O nacional absoluto de atletismo de pista cuberta, en Ourense do 25 ao 27 de febreiro

Nun dos seus carteis promocionais figura a atleta valdeorresa Leticia Gil, actual campioa de España de salto de lonxitude

 

A Pista Cuberta de Ourense será sede dunha nova edición correspondente ao Campionato de España Absoluto de Atletismo que congregará ás principais figuras nacionais e internacionais deste deporte na instalación de Expourense os vindeiros días 25, 26 e 27 de febreiro. Nun do seus carteis promocionais figura a atleta valdeorresa Leticia Gil, actual campioa de España de salto de lonxitude.

A presentación oficial deste campionato realizábase esta mañá en Expourense e nela participaban organizadores e representantes das distintas administracións que colaboran con esta proba: Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense e Concello de Ourense.

Participaron neste acto o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o presidente da Real Federación de Atletismo de España, Raúl Chapado, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos ,nun acto presentado polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, que exerceu de anfitrión.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, indicaba que, “de seguro, converterase no mellor campionato de atletismo de España da historia, como xa ocorreu nesta mesma pista no ano 2020”. E engadía que este LVIII Campionato de España Absoluto “representa a continuidade dun ano extraordinario para o atletismo galego como foi o 2021 no que se cumpriron os cen anos da Federación Galega de Atletismo e no que se celebraron os Xogos de Tokio coa primeira medalla olímpica para o atletismo galego, a de Ana Peleteiro en triplo salto, así como unha das mellores participacións paralímpicas da historia”.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, destacou a importancia da cooperación institucional como factor clave para atraer “ao noso territorio probas deportivas de primeiro nivel, como a que hoxe presentamos, que converterá durante eses días a nosa provincia na capital do atletismo, acollendo este Campionato que se celebrará nunha das mellores pistas cubertas de toda Europa”. Ao fío disto, Rosendo Fernández lembrou que a pista cuberta de Expourense acolleu, desde finais do 2017 un cento de probas oficiais, co correspondente retorno económico que isto supón para o noso territorio.

 

 

 

Importante afluencia de público

Neste mesmo sentido, o presidente da Real Federación Española de Atletismo destacou o impacto visual que terá Ourense ao acoller este evento, así como o retorno económico que suporá para a provincia, salientando a gran espectación que xera esta proba deportiva que en tan só 5 minutos vendeu o 50% dos abonos ofertados. “Vénderonse 1.200 abonos, é dicir, entradas para todas as xornadas do campionato, cumprindo co aforo máximo permitido, e o 50% delas nos primeiros cinco minutos”, sinalou Raúl Chapado.

Prevése que máis de 4.000 persoas, entre deportistas, técnicos, xuíces, axudantes, voluntarios e público en xeral, pasen durante os tres días por Expourense, que dende fai xa varias datas, traballa intensamente a nivel organizativo para garantir un perfecto campionato que convertirá a cidade das Burgas no epicentro de atención mediática e informativa nacional e internacional a fináis deste mesmo mes.

A experiencia acumulada na instalación atlética con apenas cinco anos desde a súa inauguración, está sumamente contrastada. Desde aquel pasado decembro de 2017 onde o Presidente da Xunta inauguraba o recinto abríndo así o século XXI ao atletismo galego, celebráronse máis dun cento de probas oficiais. Das mesmas, máis de cincuenta corresponderon a Campionatos de Galicia e un total de catro foron probas de rango nacional entre as que destacan o Campionato de España Sub20 no ano 2018, o Campionato de España Máster no 2019 e 2021 e o Campionato de España Absoluto do ano 2020 que xunto a este 2022, corresponden ao rango máis importante dos celebrados ata o momento.

En todos e cada un deles, o Comité Organizador contaría con importantes eloxios pola súa capacidade de traballo, xestión e organización que se ve reforzada este ano, ca maior capacidade de comunicación e achegamento ao resto dos puntos do Estado, grazas a esa importantísima conexión do AVE inaugurada recentemente.

Entradas esgotadas

O nivel de expectación é tal, que as entradas prácticamente quedaron esgotadas ás poucas horas de sair á venda o que pon de manifesto ás excelencias dunha instalación quen ven da man dunha cidade volcada e que ademáis, conta con importantes ofertas lúdicas, gastronómicas e deportivas. A todo elo engádese unha afección entregada e entendida co seu deporte que converten a Ourense nun punto privilexiado do atletismo nacional e mesmo importante candidata a acoller eventos de rango internacional.

Artigos relacionados

Back to top button