DeportesHoqueiÚltima hora

O Nacional de Hóckey Sala Masculino reunirá en Ourense aos 8 mellores equipos de 1ª división

Celebrarase no Pazo dos Deportes Paco Paz os días 5, 6 e 7 de febreiro

Bernardino González, Manuel Baltar, Alberto Estévez e Francisco Masid, na presentación do Campionato de España de Hóckey.

 

O Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense acollerá os días 5, 6 e 7 de febreiro, a fase final do Campionato de España de Primeira División de Hóckey Sala Masculino, que organiza a Federación Galega de Hóckey.

O evento era presentado na mañá deste 1 de febreiro polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto ao presidente da comisión xestora da Federación Galega de Hóckey, Alberto Estévez; e ao vogal da xunta directiva desta federación, Francisco Masid, contando ademais co asesor deportivo da Deputación, Bernardino González.

Na súa 68º edición, o campionato será disputado polos oito mellores conxuntos nacionais da categoría de Primeira División Sénior Masculino, divididos en dous grupos de catro equipos que disputan as primeiras prazas de grupo que dan acceso ás semifinais. No Grupo A, competirán FC Barcelona, CD Málaga 91, CH Barrocas, R.S. Tenis La Magdalena; e no Grupo B, SPV Complutense, CH Madrid Las Rozas, CH Carpesa, CH Alcalá.

O campionato é clasificatorio para o EuroHockey Indoor Club Championships, o Campionato de Europa de Clubs, e o campión nacional terá clasificación directa, representando así a España nesta competición internacional.

Debido ás situaciín sanitaria, o campinato celebrarase a porta pechada, sen acceso ao público, e seguiranse de maneira estrita todos os protocolos aplicables ás competicións de ámbito nacional, e dentro das actuais restricións. Todos los partidos serán emitidos en streaming a través da canle de Youtube da FGH.

Artigos relacionados

Back to top button