ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O nacionalista Secundino Fernández inicia unha nova lexislatura como alcalde de Viana

Era investido como rexedor cos 4 votos a favor do BNG e co respaldo dos tres edís do partido socialista, mentres que os 4 concelleiros do PP votaban en contra

Viana do Bolo terá por segunda lexislatura consecutiva alcalde nacionalista. Secundino Fernández vén de ser reelixido no cargo na sesión plenaria que se celebraba neste mediodía. Nela o candidato do BNG contaba co respaldo dos 4 edís nacionalistas, así como cos tres do partido socialista, mentres que os catro do PP votaban en contra.

Nas súas primeiras palabras tras ser investido alcalde, Secundino Fernández expresaba o seu agradecementos aos veciños que os respaldaron, á familia e tamén ao partido socialista polo seu respaldo. Amosaba ademais a súa vontade de seguir traballando por Viana e polas súas aldeas, nomeándoas a todas.

Fotos: Fernando Santalla.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close