DeportesÚltima hora

O nadador ourensán David González participa no campionato de España absoluto

É o seu primeiro ano na categoría sénior e compite nos 50, 100 e 200 metros braza, e nos 200 estilos
O nadador do CNPO David González.

Os mellores nadadores do panorama estatal reúnense estes días na piscina do Club Natación Barcelona, para participar no LXII campionato de España absoluto de natación que se celebra na cidade condal ata o domingo.

E entre eses deportistas, atopamos ao deportista do Club Natación Pabellón Ourense, David González. Acompañado polo seu adestrador Daniel Toro, o ourensán participa en catro probas do calendario “na cita máis importante de inverno en piscina curta”, aseguran dende o CNPO, explicando que David abriu a competición coa proba curta da braza, os cincuenta metros, na que logrou o seu mellor rexistro persoal cun crono de 30:04 que lle valeu para lograr o posto 33º no seu primeiro ano na categoría sénior, un resultado que satisface ao adestrador.

Nos días que restan de competición, o nadador do CNPO participará nos 200 metros braza, nos 100 braza e nos 200 estilos.

Artigos relacionados

Back to top button