CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Nadal chega ao CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas do Barco

Árbore de Nadal no CEIP Julio Gurriarán do Barco. /Foto cedida.

 

Pouco a poco o engado do Nadal vaise apoderando das vilas, coa decoración e iuminación das rúas, dos escaparates, dos fogares e, como non, dos centros escolares.

No CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras xa teñen instalada a súa particular árbore, coordinada pola ANPA Aturuxo, montada cos adornos levados polo nenos e nenas do colexio e as caixas de ovos que pintaron. 

Dende a ANPA agradecen a todos a colaboración para esta decoración coa que dan a benvida ao Nadal.

Artigos relacionados

Back to top button