O Nazareno percorre as rúas do Barco

Precedido polas calantornias, os cabezudos e o grupo de gaiteiros “Los Pamplinas”, a imaxe de Xesús Nazareno percorría ás 12h. deste 14 de setembro as rúas do Barco. A procesión, na que tocaba a Banda de Música do Barco, saía da igrexa de San Mauro, no casco vello da vila, e tras baixar pola rúa Escura encamiñábase por Doutor Pérez Lista e Marcelino Suárez para regresar novamente ao templo á zona antiga. Alí, na praza Maior tiña lugar a misa maior das Festas do Cristo.

 

Fotos: A.R.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies