ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Nazareno percorre o Barco

A vila rendía culto ao seu patrón cunha procesión e cunha misa ao aire libre no mediodía do 14 de setembro

Un ano máis, o tempo respetaba, e O Barco cumpría coa tradición de honrar na mañá do 14 de maio ao seu patrón, o Cristo. Ao redor das 12h. os membros da Corporación barquense saían do Concello, seguindo á Banda da Lira de Ribadavia, en dirección á igrexa de San Mauro. Unha vez alí, agardaban a saída da imaxe de Xesús Nazareno de templo.

Eran multitude as persoas que se congregaban alí para participar na procesión do Cristo. Abríana, como vén sendo habitual, un grupo de gaiteiros, seguidos polas calantornias e os cabezudos. De seguido, numerosos devotos e os cofrades, que precedían á imaxe do Nazareno.

A comitiva relixiosa iniciaba así un longo percorrido pola vila que, tras baixar pola rúa Escura, seguía polo Porto da Barca en dirección a Doutor Vila para continuar pola estrada xeral do Barco e regresar á zona antiga ata rematar na praza Maior onde se celebraba a misa maior ao aire libre. Xusto no remate da celebración relixiosa comezaba volvía a chuvia o que obrigaba a retrasar o concerto de música da Banda da Lira no Malecón.

Os actos das festas do Cristo do Barco continuarán esta tarde coa XXVIII Milla Urbana do Barco a partires das seis da tarde e co conceto de Faltriqueira ás 21h. na praza de Andrés de Prada, entre outros actos.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Especial Cristo do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button