SanidadeÚltima hora

O neumólogo Joaquín Lamela López impartirá unha conferencia en Sobradelo sobre os riscos do tabaquismo

Terá lugar o martes 26 de novembro no Centro Tecnolóxico da Pizarra

 

Mañá martes 26 de novembro, ás 12 horas, terá lugar unha conferencia sobre “Os riscos do tabaquismo” que será impartida polo doutor Joaquín Lamela López no Centro Tecnolóxico da Pizarra, en Sobradelo de Valdeorras.

Esta ponencia desenvolverase no marco da campaña de prevención e loita contra o tabaquismo que iniciou este mes o Clúster da Pizarra de Galicia. Dentro das accións que se emprenderán nesta campaña, ademais desta conferencia, tamén se realizarán outras iniciativas coma o deseño, impresión e distribución de carteis
e dípticos informativos entre as empresas, os concellos de Valdeorras, e os municipios máis importantes das zonas próximas de Ourense e Lugo, segundo adianta o clúster.

O doutor Lamela foi durante moitos anos o xefe do Servicio de Neumoloxía do Complexo Hospitalario
de Ourense. É membro da Sociedade Torácica Americana, da Sociedade Española de Neumoloxía e da Sociedade Portuguesa de Neumoloxía; entre outras organizacións médicas. Dende 1991 a 1995, tamén foi presidente da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria, ademais de dirixir distintos traballos de investigación, conferencias e congresos nacionais e internacionais.

 

Artigos relacionados

Back to top button