SanidadeÚltima hora

O neumólogo trivés Julio Ancochea, distinguido nos Premios Humanizar

Recibía o galardón na categoría de persoas "pola súa solidariedade na humanización, desde a paixón polo profundo: o aire”.

O neumólogo trivés e presidente de Asomega, Julio Ancochea, na entrega de premios./ Foto cedida.

 

No marco das XXV Xornadas Nacionais de Humanización da Saúde, que se celebraban esta semana na Universidade Católica de Valencia San Vicente Mártir, tiña lugar a entrega dos Premios Humanizar. Entre os galardoados da quinta edición destes premios estaba o neumólogo trivés e presidente de Asomega (Asociación de Médicos Galegos), Julio Ancochea.

Recibía o Premio Humanizar na categoría de persoas “pola súa solidariedade na humanización, desde a paixón polo profundo: o aire”. Neste acto, o doutor Ancochea tiña un especial recordo para os seus pacientes e indicaba que os neumólogos “somos poetas do aire, aire para respirar, aire para vivir. Ese aire que faltaba a moitos dos enfermos que atendemos nos últimos meses en condicións moi difíciles”.

 

O doutor Ancochea cos outros premiados nesta edición./ Foto cedida.

 

Cos Premios Humanizar búscase poñer en valor tanto a entidades como a profesionais que dedican os seus esforzos á atención da persoas en situación de vulnerabilidade desde un punto de vista integral e humanizador dentro do ámbito social ou sanitario, ofrecer un espazo de difusión da cultura da humanización da saúde, ademais de recoñecer e motivar iniciativas sociais que promovan unha formación no ámbito da saúde e o social de calidade técnica e humana.

 

Premios que recollía este médico trivés./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button