DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Noia FS lévase o III Memorial Jess Carrera e elimina ao Tres Cuñados FS da Copa Galicia

Os pontevedreses vencían por un contundente 2-7 no pavillón de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras

III Memorial Jess Carrera e 1/4 de final da Copa Galicia. Eran os dous títulos que se disputaban na tarde do 7 de setembro no pavillón de Calabagueiros entre o Pizarras Los Tres Cuñados FS e o Noia Portus Apostoli FS.

Era un partido con moito atractivo para a afección (era tamén o primeiro oficial en casa da tempada), por iso se rexistraba unha boa entrada cunha parte das bancadas practicamente chea e antes de que o árbitro pitase o inicio do partido, os pais de Jesús Carrera o “eterno 3” do Pizarras Los Tres Cuñados FS, recibían un ramo de flores e o aplauso de xogadores e público, demostrando un ano máis que a memoria de Jess segue con eles no pavillón.

 

Gonzalo dirixe a acción para o Tres Cuñados FS.

 

Xa na cancha a emotividade cambiábase por garra e intensidade sobre o parqué sendo os visitantes os que levaban a voz cantane e o dominio do xogo chegando ao descanso co 0-3 no marcador. Tralo pasar polo vestiario, os rapaces de Xocas quixeron demostrar do que son capaces e nada máis comezar o segundo tempo Iván poñía o 1-3, tendo de seguido outra oportunidade clara que o porteiro do Noia rechazaba. Iván aínda marcaba noutra ocasión para os brancos pero tamén seguían sumado os visitantes e finalmente o marcador fixábase no 2-7.

O Pizarras Los Tres Cuñados FS queda así eliminado da Copa Galicia, pensando xa no primeiro partido de liga que os enfrontará ao Ribeira de Piquín (Lugo). Será o 14 de setembro, Día do Cristo, ás 18:30h. no pavillón de Calabagueiros.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button